Traduce al gallego o a otro idioma

jueves, 14 de marzo de 2013

A Costa da Morte empoleira a artesanía galega

Os artesáns estamos de sorte en Semana Santa, pois na Costa da Morte, ademais de podermos disfrutar dunhas paisaxe, paisanaxe e mareaxe incomparables, imos ter escaparates dabondo onde facer un pesiño. Apoiando á economía local, unha grande distribuidora organiza no entorno de A Barquiña noiesa durante os días 27, 28 e 29 un evento comercial en horario de mañán e tarde. Asimesmo, de xoves a domingo, en Camariñas, a xa tradicional cita ca Mostra do Encaixe chega este ano á vixésimo terceira edición, na que mais dunha vintena de palilleir@s daránlle ó téquele-téquele sen cesar, para disfrute dos compradores.
E por segundo ano, consolidándose xa como unha multimostra non só artesanal, senon tamén deportiva, turística e cultural, Carnota abre do 28 ao 31 a feira "Víndemo ver", que celebra: exposición de pezas feitas a man na praza de San Gregorio; mais tamén ruta ciclista de 25 ou 37 quilómetros o día 28 por cáseque todo o concello; sen esquecer a exposición de autocaravanas nos aparcadoiros do polideportivo; as rutas de sendeirismo guiadas por socios de Monte Pindo Parque Natural; ou a primeira carreira viquinga monte a través. Vinde velo, ho!








No hay comentarios:

Publicar un comentario