Traduce al gallego o a otro idioma

jueves, 23 de octubre de 2014

LANUXA PÍNTEGA

Chámanme píntega, mais tamén outros nomes que ben sei que denotan risco, como pinchorra, sacabeira, salamántiga, sacarrancha ou sapagueira, aínda que só veño sendo unha lanuxa anfibia de cores chamativos cos que trato de arredar a quen se achegue a min para facerme mal. E que con apenas trinta centímetros que adoito medir, teño que facerme respectar dos mais grandes ca min cando saio pasear os días de néboa, os mais húmidos i engaiolantes... 
O amarelo, claro está, sempre parece unha ameaza, non si? E as probes pinteguiñas estamos como debuxadas con arabescos agresivos deste ton para semellar unha fereza que realmente non temos. Se no fondo somos tan apoucadas, que imos avanzando polo monte lentamente, buscando lesmas e miñocas entre as follas caídas das árbores ou baixo as pedras para que ninguén nos vexa, e máis para que non se nos seque o pelexo. Pero non lle digas a ninguén dos meus agochos, ese será o noso segredo, de acordo?
Confesareiche tamén que o medo e a necesidade de ter sempre mollada a pel faime segregar unha sustancia que pode irritar as túas feridas, pero máis nada. Non son velenosa!



1 comentario:

  1. Me encanta!! No entiendo el texto, pero parece un camaleón, no? Eres super creativa! Muy original y muy buen trabajo! :-DD

    ResponderEliminar