Traduce al gallego o a otro idioma

martes, 21 de octubre de 2014

MAPACHE LANUXA

Mapache Lanuxa estaba xunto á beira do río ben atarefada mentres sostiña nas patas dianteiras algo verde que parecía sacar e meter dentro e fóra da auga fría. Por segundo nome, ás da súa especie chámanlles "osas lavadoras" pois cando vanse dar unha paparotada con algunha presa recen cazada, antes esfolan as vítimas, manipulándoas coas dedas expertas como si as estiveran a limpar. Nesta volta, a ra cor herba que caera nas súas redes inflábase co veleno segregado da pel a fin de evitar ser engulida, mais Lanuxa conseguía a cada manoufa eliminar cá seque toda a toxina. 
Así non habería perigo e mais podería deleitarse co saboroso batracio. Nada que ver coa súa última cena. Noites atrás —pois os mapaches son ben canfurneiros e adoitan andar moito cando o sol e a maioría da xente están xa a durmir, quizais pois iso locen unha especie de anteface arredor dos ollos—, viuse obrigada a remexer nun contedor de lixo cerca das primeiras barriadas onde nace a cidade, pois case non quedaba xa monte no que protexerse e vivir tranquila. Naquel noxento lugar que cheiraba a inmundicias podres desaproveitadas polos humanos, atopou algúns cachos de peixe mal cociñado e peor aliñado, así como varios carozos de mazás. Matou como puido a fame, mais prometeuse a si mesma non se achegar por alí se non fora estritamente necesario. 
As ras eran ben difíciles de atrapar i escorregaban aínda nas súas mans habelenciosas, pero o seu arrecendo e sabor compensaba tódolos traballos. Hummm!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario