Traduce al gallego o a otro idioma

martes, 14 de octubre de 2014

PEIDOS MOFÉTIDOS

Mofeta Lanuxa adoitaba vivir en tobos que antes algún raposo escavara na terra. Non é que ela fose vaga nin ignorante na arte de enxeñar e construír túneles subterráneos, pois no seu continente de orixe, América, aprendera todas esas e outras habelencias. Non, o que sucedía é que buscaba atopar algunha vivenda cos seus propietarios dentro, para compartir o seu tempo con alguén e non sentirse tan soa. ¡Ah, esa era a súa principal preocupación: conseguir ter algún día un amigo que a quixese, a abrazase e lle permitise saber como arrecende o aroma do agarimo sinceiro! Non lle era nada fácil establecer unha conversa fluída con ningún outro ser de ningunha especie, xa que calquera que estivese a menos de dous metros dela saía correndo como ánima que leva o diaño cunha man tapándose o nariz. Si, iso polos cheirentos peidos que se tiraba o cu de Mofeta cando ela estaba espantadiza, que era moi habitual dada a súa timidez. Aqueles gases fedían coma un cesto de repolos  podrecidos ao sol da mañá, ou como a camisola dun irmán maior logo de tres partidos seguidos de futbito. Eran insoportables. 
Só cando un bo día Mofeta topouse cun neno simpático, que non berraba nin patalexaba, que non a arrepiaba e xa que logo tampouco lle provocaba pedorreta, soubo que o destino reservoulle un fin ledo ao seu conto. Por moito que aquel rapaz  inspiraba e aspiraba o ar polas ventas do seu nariz, rindo mentres lle contaba millóns de chistes, xamais chegou a cheirar ningún bufo mofétido pois sinxelamente, ao non se sentir ameazada, o organismo de Mofeta non os producía.
E riron e riron e arrecenderon a ledicia. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario